Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Casa do Souto

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Vivenda tradicional de grande tamaño que presenta planta rectangular, dúas alturas (inclúe tamén sobrado) e cuberta a un par de augas. Construída en cantaría de boa calidade, os seus muros preséntanse enfuscados e pintad…

Casa Grande de Gondar

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Vivenda unifamiliar de orixe tradicional de planta poligonal, dous andares e cuberta a catro augas. O sector menos intervido da casa é a súa fachada leste, onde se sitúa un fermoso balcón corrido e voado sobre o rueiro, …

Casa de Barral

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Vivenda tradicional localizada no núcleo de Barral que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de pequeno tam…

Casa da Laxareta

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Casa grande localizada no núcleo de Coaxe que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de tamaño mediano que a…

Escola da Baiuca

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Emprazada na Baiuca, ao carón do cruceiro do lugar. Edificio de planta rectangular conformado por dous volumes apegados, unha aula e unha vivenda para o mestre/a, protexidos por unha cuberta a dúas augas. Const…

Casa do Souto

Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil

Vivenda tradicional de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a un par de augas. Construída en cantaría de mediana calidade, o andar baixo foi pensado para acoller as cortes do gando, de aí que careza practicamente d…

Muíños de vento de Pedras Miúdas

Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Un total de cinco muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño de Lorenzo, Muíño de Catoira, Muíño do Ribeiro, Muíño de Moure e Muíño de Casal. O muíño tipo responde a unha torre de planta …

Casa reitoral de San Pedro de Dimo

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Casa reitoral construída no ano 1797 localizada no núcleo de Tarrío que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha fin…

Casa das Pexegas

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Casa grande localizada estratexicamente á beira do Camiño Real e da Ponte Vella de Catoira, que aparece conformada por dous corpos rectangulares que definen un andar en forma de L e dous andares levantados en cantaría de…

Casa reitoral de San Miguel de Catoira

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Casa reitoral localizada ao pé da igrexa parroquial que presenta cuberta a dúas augas, unha planta en forma de escuadra e dous andares levantados en granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha fi…

Muíño de vento do Busto

Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Restos dun muíño de vento derrubado. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces dun muíño de vento de tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa c…

Casa reitoral de Santa Baia de Oeste

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Casa reitoral localizada nas proximidades da igrexa parroquial que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de…

Muíño de vento da Baiuca

Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Estrutura dun muíño de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha. Torre cilíndrica que supera os 5 metros, sobre…

Pazo da Baiuca

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

O Pazo da Baiuca é o inmoble residencial máis destacado do municipio de Catoira. Localizado no núcleo que lle dá nome, presenta unha planta rectangular e dous andares levantados en cantaría de granito, baixo unha cuberta…

Casa da Barreira

Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil

Conxunto levantado no ano 1767 que está formado por capela, casa principal, antigas cortes, edificio complementario destinado a almacén, despensa e lavandería, comedor exterior, hórreo de seis claros integramente labrado…

Cine Rañó

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

O edificio, de estilo ecléctico, unicamente conserva a fachada en pé. Levantada en granito de boa calidade, a súa fronte presenta unha serie de ocos regulares organizados en rúas verticais e horizontais: no eixo un conxu…

Muíños de vento do Monte Mesón

Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Un total de tres muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño do Monte Mesón, Muíño de Míguez e Muíño do Loureiro. Trátase dunha tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada, do tipo de torre f…

Casa reitoral de San Mamede de Abalo

Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil

Edificio de tipoloxía simple que presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Foi levantado en dúas fases utilizando cantaría de granito, sendo moi apreciable a plementería ben escuadrada e mellor di…

Pazo de Hermida

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

As Torres de Lestrobre son unha construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en…

Pazo do Marqués de Bendaña

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que …

Pazo de Tarrío

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

O fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e María Cardama ergueron o Pazo de Tarrío en 1567 na propia aldea e fundaron vínculo e morgado con bens que posuían en Santiago e en San Xián de Laíño. Estaban lonxanamente emparent…

Casa de Aguirre

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das máis poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enriba da porta pódense observar dúas troneiras de defensa.Trátase dunh…

Escola da Emigración de Tallós

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalina…

Finca do Cadaví

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón. Foi …