Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Muíño de Cabanelas

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.

Muíño de Deza

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.

Muíño Novo

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Muíño de planta cadrada a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría, coa parte máis alta próxima ao curso do río, lucida con morteiro de cemento. Cuberta a dúas augas con remat…

Muíño da Recambariña

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.

Muíño da Laxe

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con rematado de tella curva.

Muíño de Rial

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.

Fonte de Traxeito

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal de cantaría coroado con pezas molduradas perimetralmente e acabado circular. Ten dous canos metálicos que verten as súas augas a unha pía encastada no solo.

Fonte de Eiró

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, con moldurado perimetral e muros de contención nos lados a base de cachotaría. Pía prismática e un só cano.

Fonte da Rechenla

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía elevada sobre columna.

Fonte da Chan da Viña

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía encastada. Presenta un pequeno banco nun dos laterais.

Fonte de Imo

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte na cabeceira dun hórreo, cun só cano de pedra e acceso mediante dous chanzos. Perimetralmente está protexida por unha varanda tubular

Muíño Nº 1 de Imo

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.

Muíño Nº 2 de Imo

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cantaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella camba.

Fonte de Pexegueiro

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Pexegueiro, antigo lavadoiro da aldea.

Fonte de Rialiño

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de pedra. Esta atópase integrada por un paramento vertical executado en cantaría e rematado de forma circular na súa parte superior, rebaixado na súa fr…

Muíño da Revolta

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cadeirado e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.