- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Cores
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
Vivenda tradicional de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a un par de augas. Construída en cantaría de mediana calidade, o andar baixo foi pensado para acoller as cortes do gando, de aí que careza practicamente de ocos. Estes concéntranse no andar superior, onde se dispoñen xanelas de tres batentes protexidas por tornachuvias. A principal singularidade dos muros portantes é a inclusión de mechinais que perforan o terzo superior dos muros.
Con todo, o elemento máis destacable da vivenda é o patio que loce á beira do muro norte da casa, un espazo privado ao que se accede a través dun portalón que tamén serve de pórtico a un hórreo elevado e a unha serie de cubertos en forma de alpendre hoxe desaparecidos.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_026) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.647181, -8.733183
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa da Laxareta
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Escola de Dimo
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Cine Rañó
Catoira, Santa Baia de Oeste