- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Coaxe
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Casa grande localizada no núcleo de Coaxe que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de tamaño mediano que acolle no seu interior un hórreo mixto de tres claros. Os seus muros acollen unha serie de vans que seguen un ritmo regular ao longo das súas fachadas.
O elemento máis salientable da vivenda son o soportal e balcón corrido e voado que miran ao patio interior, antesala das estancias privadas, destacando tamén o lagar illado situado á beira do portalón de acceso á casa, que acolleu outras arquitecturas adxectivas da casa: forno, cortes, despensa…
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_031) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.663503, -8.675067
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa do Souto
Catoira, San Mamede de Abalo
Arquitectura civil
Praza de Abastos de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arquitectura civil
Casa reitoral de San Pedro de Dimo
Catoira, San Pedro de Dimo