Saltar ao contido principal

Casa reitoral de San Pedro de Dimo

Casa reitoral de San Pedro de Dimo - Catoira - San Pedro de Dimo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1797
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Casa reitoral construída no ano 1797 localizada no núcleo de Tarrío que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de tamaño mediano que acolle no seu interior un hórreo de pedra de catro claros. Os seus muros acollen unha serie de vans de tamaño semellante que seguen un ritmo regular ao longo das súas fachadas. Balcón voado con forxa na fachada orientada ao oeste.

O elemento máis destacado da vivenda é a escalinata dun único tiro que serve de acceso a unha solaina modesta, antesala aberta do andar residencial, destacando tamén o barral illado que fai as veces de portalón de acceso á finca (o lintel posúe un epígrafe conmemorativo), e que contén as arquitecturas adxectivas da casa: forno, cortes, despensa…

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_032) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.668434, -8.693312

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo