Saltar ao contido principal

Casa dos de Morales

Casa dos de Morales - Catoira - San Pedro de Dimo
Imaxe: David García Lorenzo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Casa grande de factura tradicional que combina paramentos de distintas tipoloxías, e que se presenta pouco alterada respecto da súa tipoloxía orixinal. De planta en forma de U, dous andares e cuberta a dúas augas. Destaca a súa fachada oeste, onde se sitúa un fermoso balcón cuberto e corrido, sustentado por columnas que ocupa toda a fachada e ao que se accede a través dunha escaleira exterior de dobre tiro, gorecida por varanda pétrea. Moitas das xanelas do conxunto presentan trabatel.

No interior existen antigas portas, hoxe tapadas, e unha cruz gravada na parede. Conta cunha mina de auga para o abastecemento da casa e dous hórreos.

Cóntannos que era a casa dun "bis rei" (vicerrei) e que este adoitaba sacar o ouro que posuía a relucir. Cando se reformou a propiedade, atopouse un cofre pequeno con moedas de ouro nunha viga do tellado. Existen documentos de 1865 nos que consta unha licenza para vender tabaco.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

David García Lorenzo

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_008) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.668172, -8.692305

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo