Saltar ao contido principal

Casa das Pexegas

Casa das Pexegas - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: @quieresverr
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
A Ponte
Concello
Catoira

Casa grande localizada estratexicamente á beira do Camiño Real e da Ponte Vella de Catoira, que aparece conformada por dous corpos rectangulares que definen un andar en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Está rodeada por un muro de pedra que delimita unha finca de tamaño medio que acolle no seu interior un hórreo de tres claros e un alpendre de grande tamaño.

Os seus muros acollen unha serie de vans de distinto tamaño, algún deles con trabatel e tornachuvias, que seguen un ritmo regular ao longo das súas fachadas, especialmente nas que miran ao patio e ao Camiño Real, sendo practicamente inexistentes no seu muro norte.

A denominación de Casa das Pexegas é porque un dos donos era un home que sempre andaba cun pau de pexegueiro na man e un mono no ombro, vixiando a propiedade en busca da xente que lle roubaba froita e todo aquilo que plantaban. Na propia casa estaba a escola do pobo, por onde pasaron varias mestras por ela, algunha das cales chegou a vivir na casa e ser parte da familia.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Entre lusco e fusco

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_010) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.667365, -8.720080

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo