Saltar ao contido principal

Escola da Baiuca

Escola da Baiuca - Catoira - Santa Baia de Oeste
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
A Baiuca
Concello
Catoira

Emprazada na Baiuca, ao carón do cruceiro do lugar. Edificio de planta rectangular conformado por dous volumes apegados, unha aula e unha vivenda para o mestre/a, protexidos por unha cuberta a dúas augas. Construídos en cantaría de baixa calidade, a aula presenta unha maior altura, así como un maior interese arquitectónico, fundamentalmente na súa fachada principal, onde o proxectista situou unha serie de cinco grandes fiestras isódomas orientadas ao oeste que inundan de luz a totalidade da estancia dedicada a usos educativos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_034) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.674847, -8.705641

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo