Saltar ao contido principal

Casa da Barreira

Casa da Barreira - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Turismo Rías Baixas
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1767
Lugar
Cores
Concello
Catoira

Conxunto levantado no ano 1767 que está formado por capela, casa principal, antigas cortes, edificio complementario destinado a almacén, despensa e lavandería, comedor exterior, hórreo de seis claros integramente labrado en pedra e pombal. Cóntase que aquí había un pequeno mosteiro de monxes.

Esta casa grande sitúa unha serie de ocos, poucos e de pequeno tamaño, de forma regular ao longo de toda a súa fachada. De planta cadrada, dúas alturas e cuberta a tres augas, destacando a solaina orientada ao sur que serve de acceso ao piso residencial.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Cristina Conde Escaloni

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_022) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.643422, -8.736105

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo