Saltar ao contido principal

Casa de Barral

Casa de Barral - Catoira - San Miguel de Catoira
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Bararl
Concello
Catoira

Vivenda tradicional localizada no núcleo de Barral que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de pequeno tamaño que acolle no seu interior un hórreo mixto de tres claros. Os seus muros acollen unha serie de vans de tamaño semellante que seguen un ritmo regular ao longo das súas fachadas.

O elemento máis salientable da vivenda é a escalinata dun único tiro que serve de acceso ao piso residencial, destacando tamén o barral que se acaroa polo leste á casa, prolongando a súa planta de escuadra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_029) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.665792, -8.720295

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo