- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1745
- Lugar
- A Baiuca
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
O Pazo da Baiuca é o inmoble residencial máis destacado do municipio de Catoira. Localizado no núcleo que lle dá nome, presenta unha planta rectangular e dous andares levantados en cantaría de granito, baixo unha cuberta a tres augas. A súa finca aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de grande tamaño que acolle no seu interior un hórreo de considerables dimensións e dous pombais. Accédese ao pazo a través dun portal coroado por un reloxo de sol.
Os seus muros teñen unha serie de vans de distinto tamaño (algúns deles con trabatel) que seguen un ritmo regular ao longo das súas catro fachadas, destacando as portadaires que permiten acceder ao balcón individual orientado ao oeste, e, sobre todo, ás solainas que se dispoñen nos sectores norte e sur (esta última conta cunha ampla escalinata de acceso desde o exterior). Neste mesmo sector, unha espadana barroca dun único oco, peitea o vento sobre un muro cuberto de hedras.
O elemento máis sobranceiro do conxunto é o torreón granítico de tres andares e cuberta a catro augas que se acaroa ao edificio principal polo leste.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_021) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.675520, -8.705676
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa reitoral de San Pedro de Dimo
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Casa de Maquieira
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Escola da Baiuca
Catoira, Santa Baia de Oeste