Saltar ao contido principal

Casa de Maquieira

Casa de Maquieira - Catoira - San Pedro de Dimo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1898
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Vivenda unifamiliar de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas, que se localiza xusto detrás da igrexa parroquial de Dimo. Construída en cantaría de baixa calidade, que só atopa como excepción a contorna dos ocos e os eixos estruturais do inmoble. A fachada aparece organizada por medio de portas e portasdaire balconadas, cunha forxa excelente, equidistantes propias da arquitectura vilega.

O muro principal do andar superior acolle un brasón cuartelado en cruz sobre unha cartela granítica na que se lee: “ANO DE 1898 / D. JUAN F. GARCIA / PRESBITERO / DIMO / 28”. A casa posúe un xardín pechado na súa fronte que posúe un enreixado de fundición, apoiado sobre columnas e muro de grande beleza. O portalón de acceso ao cuberto, unha das arquitecturas adxectivas da vivenda, presenta unha moldura barroca acobadada.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_003) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.667461, -8.692947

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo