- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
Edificio de tipoloxía simple que presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Foi levantado en dúas fases utilizando cantaría de granito, sendo moi apreciable a plementería ben escuadrada e mellor dimensionada na contorna dos ocos e nos eixos estruturais do inmoble. A súa fachada presenta ocos con xanelas de tres batentes. Ao seu eido accédese a través dun portalón de acceso que, antano, estivo coroado por unha cruz granítica, hoxe desaparecida.
No muro do habitáculo que hoxe acollen uns aseos públicos, localízase a cabeza dun animal indeterminado labrada.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_016) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.644001, -8.726951
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola da Baiuca
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura civil
Casa Grande de Gondar
Catoira, San Pedro de Dimo
Arquitectura civil
Casa de Barral
Catoira, San Miguel de Catoira