Saltar ao contido principal

Casa do Souto

Casa do Souto - Catoira - San Pedro de Dimo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
San Salvador
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Vivenda tradicional de grande tamaño que presenta planta rectangular, dúas alturas (inclúe tamén sobrado) e cuberta a un par de augas. Construída en cantaría de boa calidade, os seus muros preséntanse enfuscados e pintados, deixando á vista a pedra só nos eixos estruturais. Os seus muros presentan unha serie regular de ocos en forma de portas e xanelas de tres batentes.

Con todo, o elemento máis singular da vivenda é o singular alpendre con planta en forma de escuadra que se sitúa ao noroeste da casa, un espazo aberto ao que se accede a través do patio que tamén dá acceso a un fermoso hórreo mixto de tres claros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_027) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.659407, -8.713049

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo