Saltar ao contido principal

Finca do Cadaví

Finca do Cadaví - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Paco Costa Lamas
Outras denominacións
O Cadaví ou Cadavid
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón. Foi mandada construír por José Pérez Artime, empresario radicado en Padrón que pasaba os veráns nesta parcela de sete hectáreas. Está ao lado da Finca O Carballal, que fora propiedade do seu irmán Isidoro.

A edificación principal trátase dunha edificación de tres andares, con galerías e soportais, que incluso contaba cunha sala de billar. Hai tamén unha casa de labranza, bastante peor conservada, construída en pedra con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría lucida con morteiro e pintada de cor clara. Cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Acaroada á súa fachada sur, escaleira de pedra que desembarca nunha balconada.

Nuna peneda da finca consérvase un gravado cruciforme.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

El Correo Gallego

Donde sólo habita el tiempo - Urbex Galaico

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-11)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.735767, -8.666377

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo