- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Tarrío
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Aquí naceu Eusebio Lorenzo Baleirón o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos: “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do Tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou Eusebio, a Eira e a Eira do Hórreo, o lavadoiro, o medeiro de Gradín, a Fonte e a outra Fonte de Vera, os camiños e as corredoiras da aldea.
Eusebio Lorenzo Baleirón deixou publicados os poemarios “Os días olvidados” e “O corpo e as sombras”, e o “Libro das viaxes e dos soños”. Postumamente viu a luz “A morte presentida”, o derradeiro conxunto de poemas. No ano 2016 foi proposto para Día das Letras Galegas.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.720494, -8.711216
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Pazo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Arquitectura civil
Casa de Aguirre
Dodro, San Xoán de Laíño
Arquitectura civil
Aldea de Bustelo
Dodro, San Xián de Laíño