Saltar ao contido principal

Casa reitoral de Santa Baia de Oeste

Casa reitoral de Santa Baia de Oeste - Catoira - Santa Baia de Oeste
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Fabeira
Concello
Catoira

Casa reitoral localizada nas proximidades da igrexa parroquial que presenta unha planta en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de gran tamaño que acolle no seu interior un hórreo e un patio.

Os seus muros acollen unha serie de vans de distinto tamaño que seguen un ritmo regular ao longo das fachadas que miran aos espazos privados (patio e finca singular), destacando a portadaire que permite acceder a un balcón individual orientado ao suroeste.

O elemento máis destacado do conxunto é a solaina orientada ao oeste, onde se dispón o patio interior, así como a escalinata dun único tiro que lle serve de acceso. Destaca tamén o portalón da finca, na que loce un hastial barroco.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_017) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.677475, -8.708757

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo