Saltar ao contido principal

Casa das Pozas

Casa das Pozas - Catoira - San Pedro de Dimo
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Casa grande localizada nas proximidades da reitoral de Dimo, que presenta un andar en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito, reforzada con pezas de maior tamaño nos eixos estruturais e na contorna dos ocos. Está rodeada por un muro de pedra que delimita unha finca de grande tamaño, que acolle no seu interior un hórreo mixto de tres claros e medio e un alpendre de tamaño medio que contribúe a definir o patio.

Os seus muros acollen unha serie de vans de distinto tamaño que seguen un ritmo regular ao longo das fachadas que miran aos espazos privados (patio e finca singular), sendo practicamente inexistentes nos muros que lindan co rueiro, onde destacan tres abelleiros embutidos no muro e dotados con cadanseu con pousadoiro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_011) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.669025, -8.693370

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo