- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- O Busto
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
Restos dun muíño de vento derrubado. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces dun muíño de vento de tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.
A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes son de cachotes con rachas, de un grosor máximo de 80 centímetros, cun só perpiaño no lintel da porta, que é o único van disposto. A cuberta é a dúas augas, de tella do país. No solado preparouse un sinxelo piso (o tremiñado) feito de pedras irregulares baixo o que se dispón o sistema de regulación do muíño (a mesa).
Ao carecer de sistema de orientación das aspas cara o vento, os elementos mecánicos do muíño son ben simples. O eixe horizontal (a viga) atravesa diametralmente os muros da torre, a 1,60 metros sobre o solado, apoiando sobre unhas pezas de madeira (os zoquetes) que fan de buxas. O eixe ten a orientación do nordeste ao suroeste, que é a dos ventos dominantes no emprazamento.
Xa no exterior do muíño e en ambos os dous extremos do eixe, catro varas (os vareiros) o cruzan, unidos de a dous por outras varas (os travesos) nas que se colocan as aspas (os abanos); neste muíño os abanos consisten nunhas táboas unidas entre si formando unhas pezas rectangulares de aproximadamente un metro cincuenta de largo por medio metro de ancho.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_079) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.637464, -8.731273
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal de Tarrío
Catoira, San Pedro de Dimo
Obra civil
Reloxo de sol do Pazo da Baiuca
Catoira, Santa Baia de Oeste
Obra civil
Palco da música de Tarrío
Catoira, San Pedro de Dimo