Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Casa Cándido

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A Librería Cándido foi a primeira librería de Rianxo e conta con máis de cen anos de vida, talvez a máis antiga de toda Arousa Norte. O seu fundador libreiro-industrial-impresor, Cándido C. González, foi un dos amigos ín…

Casa dos Insua

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Esta vistosa vivenda de doce balcóns, repartidos entre a fachada da rúa de Abaixo e a da Calella do Xudeu, pertenceu por un tempo a Manuel Rodríguez Insua, casado en segundas nupcias coa viúva de Losada, Pilar Castelao G…

Fonte de Ourolo

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada nunha vía paralela á estrada principal de Ourolo, sobre un cruce de camiños. Está formada por unha peza rectangular de cantaría incrustada nun muro, con cornixa superior moldurada. Cano central sob…

Fonte e lavadoiro de Ourolo

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro situado na marxe leste da estrada principal de Ourolo, ao paso dun rego que atravesa a estrada e fornece de auga ao Muíño de Ourolo. O lavadoiro é de planta rectangular con lousas inclinada…

Fonte e lavadoiro da Igrexa de San Salvador de Taragoña

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro situado xunto ao acceso da Igrexa de San Salvador de Taragoña, na contorna da finca da casa reitoral, á que tamén se lle coñece co nome de Fonte do Cura. Está situada a un nivel inferior,…

Fonte Nº 2 de Paradela

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada no espazo central do lugar de Paradela. Está composta por un corpo troncopiramidal de cantaría de granito, sobre unha pía rectangular delimitada por tres lousas cun pequeno mesado acaroado nun late…

Cruceiro da Capela de San Bartolomeu

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no adro da Capela de San Bartolomeu, da tipoloxía de capeliña. Cruceiro do ano 2003, obra do escultor Cabeza Quiles, con plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A continuación un groso…

Cruceiro do Cemiterio de Santa Comba de Rianxo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado fronte á porta de entrada do cemiterio municipal, da tipoloxía de cruz. Plataforma cadrada e fuste de sección circular cunha imaxe dun santo, e cun capitel de remate superior con decoración v…

Cruceiro da Cubeliña

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que preside a Praza Rafael Dieste, fronte a Igrexa de Santa Comba de Rianxo. Plataforma con catro chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición moi erosionada. O varal, que n…

Cruceiro Vello de Rianxo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que preside A Praciña, situado detrás da Praza de Manuela, xunto ao Paseo da Ribeira. Trátaste do cruceiro máis antigo de Rianxo. Plataforma de cinco chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica mol…

Cruceiro das Barreiras

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño principal do Burato, da tipoloxía de crucifixo. Plataforma de dous chanzos e base cadrada con toro e escocias, sobre a que se ergue un fuste de sección octogonal con decorac…

Cruceiro das Brañas

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado na marxe oeste da estrada de Fachán, no cruce do camiño á Senra, da tipoloxía de crucifixo. Plataforma con dous chanzos cadrados e base cúbica moldurada na que aparece a seguinte inscrición: …

Cruceiro de Barreira

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce central de Pastoriza, na marxe leste do camiño principal, da tipoloxía de crucifixo. Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixada…

Praia do Porto de Taragoña

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Coñecida co nome de Praia das Caldas, ten unha extensión de area cunha lonxitude duns 50 metros, xunto ao Porto de Taragoña.

Praia de Tronco

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todo…

Punta Fincheira

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.

Punta de Iñobre

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.

Hórreo do Pazo de Rianxiño

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Hórreo de comezos do século XX que forma parte do conxunto do Pazo de Rianxiño. Trátase do hórreo máis longo do mundo (24,70 metros), construído integramente en pedra. Baseamento de muros de cachotaría e cámara rectangu…

Hórreo da Fincheira

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Hórreo situado sobre o muro de peche dunha parcela con fronte á rúa Roxelio Pérez, preto do cruce da rúa Fincheira. Plataforma de muros de cachotaría e cámara rectangular de cantaría de granito con tornarratos perimetra…

Pombal de Fonte Susán

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte de Fonte Susán. Planta circular de muros de cachotaría de pedra enfuscados e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga na parte t…

Pombal do Cruceiro

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada no Cruceiro. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.

Panorámica do Cotón

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.