Saltar ao contido principal

Cruceiro do Cemiterio de Santa Comba de Rianxo

Cruceiro do Cemiterio de Santa Comba de Rianxo - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: roteirocastelao.gal
Lugar
Rianxo
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado fronte á porta de entrada do cemiterio municipal, da tipoloxía de cruz.

Plataforma cadrada e fuste de sección circular cunha imaxe dun santo, e cun capitel de remate superior con decoración vexetal. Cruz latina sen imaxes con plataforma de apoio moldurada e sección cadrada con remates nos vértices. Ten un altarciño de granito nun lateral.

Situado preto da Praia de Tanxil, o cemiterio municipal de Rianxo é o lugar no que se atopan soterrados os restos dos pais de Castelao, irmáns e outros familiares como os avós, tíos ou os seus curmáns, os Insua. Considerados como irmáns para Castelao, estes morreron no porto de Vigo cando tentaban fuxir en barco para a zona republicana. Neste camposanto repousan tamén grandes amigos de Castelao, como son Rafael Dieste, Manuel Antonio, Roxerius e Arcos Moldes.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-084)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.647652, -8.816554

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo