- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Cruceiro de granito situado nun extremo detrás da Igrexa de San Salvador de Taragoña, da tipoloxía de crucifixo.
Plataforma de tres chanzos cadrados. A súa base cúbica moldurada soporta un varal de sección cadrada nos extremos e octogonal no centro. A continuación un capitel decorado con motivos vexetais e rostros de anxos nas súas catro caras. O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada na que na que se ven as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas no reverso. Ao carón do cruceiro hai un pousadoiro a modo de altar.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-105)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.673755, -8.827930
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruz de Viña de Abaixo
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Cruceiro Nº 1 de Burés
Rianxo, Santa María de Asados
Elementos relixiosos
Virxe de Guadalupe de Tanxil
Rianxo, Santa Comba de Rianxo