Saltar ao contido principal

Cruceiro de Barreira

Cruceiro de Barreira - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Outras denominacións
Cruceiro Nº 1 de Pastoriza
Lugar
Pastoriza
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado no cruce central de Pastoriza, na marxe leste do camiño principal, da tipoloxía de crucifixo.

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica. Na súa metade aparece un relevo algo erosionado coa imaxe dun santo. O capitel, moldurado e con volutas, soporta unha cruz de sección de sección cadrada e remates florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-091)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.712956, -8.815522

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo