Saltar ao contido principal

Casa Cándido

Casa Cándido - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: roteirocastelao.gal
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Rúa do Medio
Concello
Rianxo

A Librería Cándido foi a primeira librería de Rianxo e conta con máis de cen anos de vida, talvez a máis antiga de toda Arousa Norte. O seu fundador libreiro-industrial-impresor, Cándido C. González, foi un dos amigos íntimos de Castelao. Os dous formaron parte da sociedade Pro-Cultura (1913). Cándido presidiu a agrupación social Acción, que tanto destacou na defensa de Castelao e do seu pai no altercado da graneira da Fincheira, como anteriormente o fixera louvándoo polo da loita contra a peste gripal. A súa casa era o lugar de encontro dos amigos ilustrados.

En febreiro de 1936, Cándido é nomeado alcalde de Rianxo, mais nos comezos da Guerra Civil foi acusado de masón e detido polas forzas represoras que o levaron ao cárcere de Santiago. Afortunadamente saíu en liberdade ao pouco tempo. Peor sorte tivo o seu fillo Candidito, que pola súa afinidade co Partido Galeguista, viuse obrigado a andar meses agochado para logo fuxir a Arxentina e morrer alá no desterro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.651776, -8.818592

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo