Saltar ao contido principal

Casa de Gran Mean Pinal

Casa de Gran Mean Pinal - Rianxo - Santa María de Leiro
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Abuín
Concello
Rianxo

Vivenda e edificación auxiliar situadas ao norte do lugar de Abuín, dando fronte á estrada DP-3301. Edificación principal de planta cadrada e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a catro augas de tella. Composición simétrica das fachadas compostas por seis ocos rectangulares, exceptuando a fachada oeste, que ten acaroada unha edificación auxiliar dun só andar e cuberta a dúas augas de tella. A planta baixa da fachada principal, onde se localiza o acceso, está retranqueada con respecto ao piso superior, apoiado nos muros laterais e en dúas pilastras de granito. Fiestras balconeiras no segundo andar, con balcóns de granito nos extremos con varanda de ferro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-019)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.646509, -8.787073

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo