- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XVII
- Lugar
- Brión
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Pazo de estilo barro que data do século XVII, cunha reconstrución no XVIII. Situado xunto á Capela dos Desamparados no lugar de Brión. O patio péchase coa Capela dos Desamparados, que formaba parte do pazo. Fabricado en pedra, deixando á vista perpiaños irregulares de bo tamaño, e cuberto de tella curva, consta de dúas plantas, a inferior utilizada para diversos usos e a superior que conformaba a ampla vivenda. A vivenda consta de múltiples estancias entre as que destacan a cociña e a enorme lareira, con dous fornos; dúas salas, a galería, un antigo retrete, e o soto, onde se conserva unha prensa para facer o mosto.
O portalón de acceso á finca presenta tres cruces de pedra e catro pináculos a modo de ameas sobre o lintel, sendo estes os únicos elementos decorativos de toda a estrutura. Destacan no exterior un cuberto cun lagar en bo estado de conservación, unha fonte no xardín posterior, a robusta cheminea e o hórreo. O escudo da liñaxe dos señores do pazo está situado na capela; a serea corresponde cos Mariño, e o brasón que apreixa é o dos Torrado, donos tamén do Pazo dos Torrado de Asadelos.
Castelao e Bouza-Brey publican no número 113 de 1933 da revista Nós, un artigo sobre os escudos de Rianxo, no que que inclúe o do Pazo dos Torrado de Brión.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-023)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.645966, -8.795766
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola da Emigración de Rañó
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casas das Miráns
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa dos Xens
Rianxo, Santa Baia do Araño