- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1936
- Lugar
- Os Xens
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Conxunto de varias edificacións situadas sobre o camiño que une os lugares das Miráns e Os Xens. Parcela rectangular delimitada por un muro de cachotaría con acceso mediante portón alintelado coroado por unha cruz sen imaxes. No interior existen varias edificacións de recente construción dedicadas a vivenda. A edificación orixinal, situada no extremo norte da finca, foi rehabilitada recentemente, conservando o volume orixinal, realizada con muros de cachotaría con detalles en cantaría, e cuberta a dúas augas de tella. Consta de dous andares, con acceso ao andar baixo desde o interior da finca. Destacan os balcóns sobre canzorros en ambas fachadas, con varandas de ferro e pilastras de granito, substituíndo ás orixinais.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-005)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693538, -8.783254
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola de Buía
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa de Manuel Antonio de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Casas de Quintáns
Rianxo, Santa María de Isorna