Saltar ao contido principal

Cruceiro da Capela de San Bartolomeu

Cruceiro da Capela de San Bartolomeu - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Celso Suárez
Cronoloxía
2003
Lugar
Porto de Rianxo
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado no adro da Capela de San Bartolomeu, da tipoloxía de capeliña.

Cruceiro do ano 2003, obra do escultor Cabeza Quiles, con plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A continuación un groso varal de sección cadrada coas arestas chafranadas no que destaca a súa decoración con cunchas nos extremos superiores. No seu capitel troncopiramidal inverso decorado con diferentes relevos, entre eles anxos alados, apoiase unha capeliña con arco de medio punto decorada con esferas no borde. No seu interior podemos ver a imaxe da Virxe, apoiada nunha peaña con forma de nube e cara de anxo e, máis abaixo, unha representación dun castelo ou fortaleza. O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI. As esferas da fornela levan gravados o número do primeiro premio da lotaría de Nadal do 2003, ano que tocou en Rianxo. O número é o 42473, e algunhas persoas frotan o seu décimo nestas esferas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-083)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.649936, -8.821990

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo