Saltar ao contido principal

Cruceiro de Outeiro

Cruceiro de Outeiro - Rianxo - Santa Baia do Araño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Cronoloxía
1630
Lugar
Traba
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado á beira da estrada que leva á Igrexa de Santa Baia do Araño, nun extremo do campo que rodea á Capela dos Milagres, no antigo campo da festa. Carece de pedestal. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal, cos extremos cadrados e adornos nos chafráns. Capitel cúbico con relevos xeométricos. Cruz de sección cadrada con adornos florais nos extremos dos seus brazos, cun Cristo que leva cora de espiños, no anverso, nimbo na cruz, e imaxe da Piedade no reverso.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Cruceiros de Galicia

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-014)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.693631, -8.798474

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo