Saltar ao contido principal

Hórreo do Pazo de Rianxiño

Hórreo do Pazo de Rianxiño - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Urbanismo Rianxo
Outras denominacións
Hórreo do Pazo dos Viturro
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Hórreo de comezos do século XX que forma parte do conxunto do Pazo de Rianxiño. Trátase do hórreo máis longo do mundo (24,70 metros), construído integramente en pedra.

Baseamento de muros de cachotaría e cámara rectangular de grandes dimensións apoiada sobre trece pés de granito con celeiro nun lateral. Pezas lonxitudinais de cantaría nos entrepanos, con estreitas fendas para a ventilación interior. Cuberta a dúas augas de lousas de pedra e pináculos de remate nos extremos, decorados cunha serie de motivos xeométricos.

A historia deste hórreo dinos que os canteiros que o fixeron realizárono os domingos para evitar ter que ir á guerra a África. A pedra que empregaron foi extraída da Devesa do Caseiro, a 1 quilómetro de distancia, do mesmo xeito que a empregaron para unha lareira, para a bóveda dunha bodega que sería reconvertida en capela, e para o muro da parcela.

 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-016)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.653345, -8.808903

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo