Saltar ao contido principal

Busca

Buscar no catálogo

Hórreo do Laxido

Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Hórreo no lugar do Laxido.

Castro de Taragoña

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Na actualidade, O Castriño ou Castro de Taragoña atópase totalmente desaparecido debido a que moitas das casas do Castriño construíronse enriba del. Resulta case imposible coñecer a súa forma e as estruturas defensivas. …

Castro de Rianxiño

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Recinto de forma elíptica que presenta as súas defensas moi suavizadas debido ás labores agrícolas. Ten un parapeto que rodearía á croa e a illaría do terreo circundante, aínda que na actualidade só se conserva deste o O…

Casa reitoral de San Salvador de Taragoña

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil

Casa reitoral do século XIX situada na contorna da Igrexa de San Salvador de Taragoña e do cemiterio parroquial, no centro do núcleo da Igrexa. Acceso principal desde o camiño que vai á igrexa mediante un portón de grand…

Casa de San Xosé

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación que data do ano 1660 situada xunto á Capela de San Xosé da Floresta, ao oeste de Rianxiño, e que actualmente está destinada a aloxamento de turismo rural. Conxunto de planta en L composto por unha edificació…

Casa do Concello de Rianxo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, do século XIX localizado nun extremo do Campo de Arriba. Situado a un nivel superior sobre a rúa, desde a que se accede mediante unha escalinata de pedra.Construción de planta re…

Casa dos Cambreiros

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, que data do século XVII con fronte á rúa Costiña da Igrexa, na contorna da Igrexa de Santa Comba de Rianxo. Vivenda orixinalmente de dous andares, de planta trapezoidal e muros …

Fonte e lavadoiro de Rianxiño

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro situados sobre a estrada principal de Rianxiño, nun lateral da finca do Pazo de Rianxiño. Fonte de dous canos acaroada ao muro, con corpo central de cantaría dividido por tres semipilastras…

Lavadoiro do Pazo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Lavadoiro situado sobre o río Lustres, localizado no centro do lugar do Pazo, xunto á Escola do Pazo, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito. Planta rectangular de grandes dimensións c…

Fonte da Praza

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Fonte de dous canos situada no centro da Praza da Fonte. Está composta por dous volumes prismáticos divididos por unha cornixa moldurada. Volume inferior cos canos en laterais enfrontados e mesados semicirculares sobre p…

Cruceiro do Bosque

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce do Bosque, ao leste da rúa de Pazo, da tipoloxía de cruz. Plataforma de tres chanzos, con moldura perimetral no chanzo superior sobre o que apoia unha base cadrada con remates nos vé…

Cruz do Pazo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha vivenda situada á beira da estrada principal, nun dos cruces de acceso ao Pazo. Cruz latina sen imaxes co brazo inferior máis longo apoiado sobre unha base cadrada. Sección ca…

Cruceiro da Fonte

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no acceso sur de Rianxiño, nas proximidades do Pazo de Rianxiño, da tipoloxía de crucifixo. Plataforma de dous chanzos. Posúe unha base composta por un corpo con toro e escocias. A continuaci…

Cruceiro de Rianxiño

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no acceso oeste de Rianxiño, ao final da rúa de San Xosé, da tipoloxía de crucifixo. Plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada coas arestas rebaixadas dá paso…

Cruceiro do Funcheiro

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado na marxe norte da rúa da Fincheira, da tipoloxía de crucifixo. Plataforma feita a base de perpiaño granítico irregular. A continuación dous chanzos de sección cadrada e arestas chafranadas, o…

Praia do Pazo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 190 metros, xunto ao Castelo da Lúa.

Praia da Torre

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 330 metros, onde se localiza unha cheminea industrial pertencente a un antigo serradoiro.

Pombal de Agro dos Muíños

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada ao sur do lugar da Igrexa. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.

Pombal de Iñobre

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal na parte traseira dunha finca situada ao sur de Iñobre. Tipoloxía propia destas construcións, de planta circular e muros de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga e asoleirado perimetral.

Pombal de Corques

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal situado nunha finca no extremo de Corques, xunto a un hórreo de granito. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada, con asolei…

Castro Barbudo

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

O Castro Barbudo sitúase no alto da parroquia de Taragoña, a 327 metros de altura. Ofrece unha impresionante panorámica da Ría de Arousa e do val do río Té. Conserva restos ciscados das pedras que facían parte das murall…

Mámoa da Espiñeira

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Túmulo situado nun rechán do espolón, en dirección NO, do Monte da Pena. Está case destruído debido ás labores forestais, especialmente ás plantacións de piñeiros e eucaliptos. A súa parte O está arrasada debido á const…

Casa do Coxo

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina, que data do século XIX e que alberga o  Museo do Mar de Rianxo. Emprázase nun dos lugares máis céntricos da vila de Rianxo, situada ao lado do Cuartel Vello,…