Saltar ao contido principal

Cruceiro da Fonte

Cruceiro da Fonte - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Óscar Franco
Outras denominacións
Cruceiro de Rianxiño
Cronoloxía
1755
Lugar
Rianxiño
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado no acceso sur de Rianxiño, nas proximidades do Pazo de Rianxiño, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de dous chanzos. Posúe unha base composta por un corpo con toro e escocias. A continuación ven o varal, que comeza cunha sección cadrada moldurada e continúa en sección octogonal. O seu capitel está decorado con volutas, rostros de querubíns e decoración vexetal. O conxunto remata cunha cruz, de sección circular e aspecto leñoso, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e coroa metálica no reverso.

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-080)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.654150, -8.809445

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo