- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Ferro
- Lugar
- Ourille
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
O Castro Barbudo sitúase no alto da parroquia de Taragoña, a 327 metros de altura. Ofrece unha impresionante panorámica da Ría de Arousa e do val do río Té. Conserva restos ciscados das pedras que facían parte das murallas e que deron vida a esa civilización castrexa desde a Idade do Ferro até a romanización.
Este punto espertou o interese de Castelao desde a súa etapa máis rianxeira, talvez pola singular configuración orográfica, rematada en planicie e polas referencias folclóricas que ofrece. Así tomou del diversos apuntamentos, posiblemente desde Asados, para posteriormente plasmalos en cadros, especialmente de temática de cegos. Por exemplo, Camiño da festa de Guadalupe (óleo que enviaría aos emigrados de Rianxo na Arxentina), Cegos (óleo) e Conto de cegos (acuarela) ou O cego de Taragoña.
Xosé María Brea Segade, o poeta de Taragoña nacido na aldea de Iñobre o 2 de agosto de 1904, dedicoulle os seguintes versos ao Castro Barbudo:
Alegre corpudo castro,
nun tempo campo de loita,
en donde de Breogán
os netos molime cortan;
onde cantan as lavercas
e a perdiz tremando voa.
Canto me acordas Barbudo!
Ouh, castro canto me acordas!
Lonxe da terra querida
que ten o alcume de gloria.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072017)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.696617, -8.817408
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 6 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 3 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Asados
Arqueoloxía
Petróglifo do Monte Ceán
Rianxo, Santa María de Isorna