- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Rianxiño
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:
- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.
- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).
- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.
- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.
- Posible femia preñada.
- Cervo macho en actitude de bradar.
- Animal con aspecto de felino.
- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.
Este conxunto está formado por seis laxes.
- Laxe 1: formada por dous afloramentos próximos, situados 15 metros ao leste dun valado. Ten tres cuadrúpedes e un dobre círculo incompleto con coviñas.
- Laxe 2: mide 9,80 metros (N-S) e 5,50 metros (L-O). Vense zoomorfos completos e incompletos na parte central da rocha.
- Laxe 3: acaroada á cara oeste do valado. Mide 4,20 metros (N-S) e 3,10 metros (L-O). Debido á erosión e ao lume, só é posible distinguir a besta que mide uns 35 centímetros.
- Laxe 4: situada na cara oeste do valado.
- Laxe 5: están moi deterioradas debido as marcas da maquinaria agrícola, e os gravados son practicamente identificables.
- Laxe 6: mide 3,50 metros (NL-SO) e 1,70 metros (NO-SL). Os motivos consisten en cinco coviñas de entre 6 e 14 centímetros de diámetro.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072027)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.652411, -8.798825
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 dos Campos
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 do Toural
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 2 do Monte Pelotiña
Rianxo, Santa María de Asados