Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 2 dos Campos

Petróglifo Nº 2 dos Campos - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Brión
Concello
Rianxo

Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:

- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.

- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).

- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.

- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.

- Posible femia preñada.

- Cervo macho en actitude de bradar.

- Animal con aspecto de felino.

- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.

Este conxunto está formado por catro laxes con gravados das que unha está cuberta de vexetación.

- Laxe 1: mide 9,30 metros (N-S) e 5,40 metros (L-O). O motivo consiste en dous zoomorfos unidos pola cabeza e erguidos polos cuartos traseiros.

- Laxe 2: mide 3,60 metros (N-S) e 1 metro (L-O) e o gravado está formado por 4 círculos concéntricos con 3 coviñas no interior do central. Da parte leste do círculo parten tres liñas radiais. Ao sueste deste motivo obsérvase outro, moi erosionado, e un dobre círculo con coviñas centrais. Ao leste do círculo apréciase un cuadrúpede tamén moi erosionado.

- Laxe 3: mide 6,40 metros (N-S) e 3,20 metros (L-O) e o motivo consiste nunha coviña (15 centímetros de diámetros) atravesada por un suco sinxelo. Xunto a ela, outras coviñas máis pequenas. Ao lado deste gravado vese unha composición circular incompleta (35 centímetros de diámetro) con coviña central.

 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072023)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.651161, -8.798997

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo