Saltar ao contido principal

Casa reitoral de San Salvador de Taragoña

Casa reitoral de San Salvador de Taragoña - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
A Igrexa
Concello
Rianxo

Casa reitoral do século XIX situada na contorna da Igrexa de San Salvador de Taragoña e do cemiterio parroquial, no centro do núcleo da Igrexa. Acceso principal desde o camiño que vai á igrexa mediante un portón de grandes dimensións e lintel formado por doelas de granito.

Construción de planta trapezoidal e dous andares realizada con muros de cachotaría e cantaría de granito, e cuberta a dúas e tres augas de tella. Fachada principal con galería pechada no extremo oeste e frontón con pináculos superiores de remate no extremo leste. As carpinterías orixinais de madeira foron substituídas por unhas de aluminio.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-021)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.673213, -8.828433

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo