Saltar ao contido principal

Casa de Traba

Casa de Traba - Rianxo - Santa Baia do Araño
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Traba
Concello
Rianxo

Edificación que data do século XIX, situada ao sur do lugar de Traba. Conxunto composto por unha edificación principal dedicada a vivenda e varias edificacións auxiliares. De planta en L e dous andares, resolta con muros de cachotaría con remates en cantaría e con cuberta a catro augas de tella. A finca está elevada con respecto ao nivel da rúa, polo que a edificación principal presenta dous andares na fachada oeste e tres fronte ao acceso principal desde a rúa. Balcón cuberto na fachada oeste con base de pedra e varanda metálica, cun soportal na fachada principal ao que se accede mediante escaleiras de pedra. Todas as carpinterías son de madeira. A edificación conta con outro acceso na fachada oeste, a través dunha escaleira de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-001)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.692442, -8.804361

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo