- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- A Mámoa
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto dúas vivendas acaroadas, situadas ao norte do lugar da Mámoa, nunha finca de grandes dimensións delimitada por un muro de peche de cachotaría de granito, con accesos desde a rúa e na parte traseira da finca, xunto ao Cruceiro da Mámoa. Edificacións de planta rectangular de dous andares, con cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira, e muros de cachotaría de granito enfuscados e pintados con remates en cantaría nos recercados e peitorís. Fachada principal á rúa de composición sinxela, con portas alinteladas de acceso e ocos rectangulares de pequenas dimensións. Balcón de pedra con varanda metálica na fachada lateral da edificación situada ao sur, e fachada traseira á finca de composición similar á principal.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-070)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672160, -8.789029
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola da Emigración de Rañó
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casas de Bouza
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casa natal de Castelao
Rianxo, Santa Comba de Rianxo