- Outras denominacións
- Casas de Torres
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- A Pedreira
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Conxunto de dúas vivendas situadas sobre a beira do rego da Grenla, que separa os lugares de Brión e A Pedreira. Están situadas na mesma parcela, dispostas moi próximas entre si, unha con fachada á rúa e a outra sobre o regato. Tipoloxía similar, de planta cadrada e dous andares, resoltas con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella. Ocos rectangulares con carpintería enrasada de madeira e accesos en planta baixa dende o interior da parcela. Destaca o corredor na fachada sueste da edificación máis próxima ao regato, con varanda e montantes de madeira.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-022)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.648210, -8.796368
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Pazo dos Torrado de Brión
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Confraría de Pescadores
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Escola do Vilar
Rianxo, Santa Baia do Araño