- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- O Vilar
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Edificación illada de planta rectangular situada ao sur do lugar do Vilar. Volume de dous andares e cuberta a un auga de tella, realizado en formigón con detalles de cantaría nas esquinas. Tipoloxía propia das escolas unitarias, con fachadas de composición simétrica e ocos rectangulares. Destaca o balcón cuberto nun extremo da fachada leste, baixo o cal se localiza o acceso principal. Recentemente rehabilitada.
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos.
Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-006)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.722873, -8.778984
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa de Manuel Antonio de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Casa das Miráns
Rianxo, Santa Baia do Araño