- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- As Miráns
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Vivenda situada sobre o cruce principal do lugar das Miráns, formando parte dun conxunto de edificacións catalogadas. Edificación principal de planta trapezoidal e dous andares, realizada con muros de cachotaría e con cuberta a dúas augas de tella. Anexo en planta baixa acaroado á fachada norte. Acceso principal desde a rúa na fachada leste, onde destaca o corredor cuberto do segundo andar, disposto sobre canzorros e con montantes de granito de sección circular que sosteñen a estrutura de madeira da cuberta.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-004)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.691521, -8.783652
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casas da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa Nº 2 de Abuín
Rianxo, Santa María de Leiro