Saltar ao contido principal

Casas da Vacariza

Casas da Vacariza - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares dispostas linearmente a ambos lados da estrada principal do lugar. Destacan os muros de peche das fincas, de grandes dimensións, realizados en cachotaría de pedra con portóns alintelados de acceso. Conxunto parcialmente rehabilitado. Volumes de planta rectangular de dous andares nas vivendas e de planta baixa nos anexos, resoltos con muros de cachotaría e cantaría vistas e cuberta a dúas augas de tella. Fachadas de composición sinxela, de ocos rectangulares con carpintería de madeira e accesos nas plantas baixas.

Cóntase que o camiño que atravesa A Vacariza foi o primeiro camiño empedrado de todo o Concello de Rianxo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-017)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.686300, -8.733411

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo