- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1927
- Lugar
- A Ribeira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Edificación do casco histórico, illada, situada no Paseo da Ribeira e que alberga a Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo.
Planta rectangular e construción orixinal en planta baixa construída en 1927, á que se lle engadiu outra planta posteriormente. Planta baixa resolta con muros de cachotaría de pedra e remates en cantaría nos recercados, esquinas e na cornixa do volume orixinal. Fachada principal con acceso central, composta por ocos rectangulares de arco rebaixado. Volume superior realizado con estrutura de formigón e cerramento de ladrillo, enfuscado e pintado. Cuberta a catro augas de tella e peto perimetral con remates nos extremos, e en arco sobre a fachada lateral, con inscrición. Fachada principal e lateral, con ocos rectangulares de menores dimensións dispostos de dous en dous, baixo tornachuvias moldurados. Acceso ao segundo andar na fachada lateral, mediante unha escaleira exterior de formigón.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-059)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.651569, -8.819409
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa dos Insua
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Casa de Arcos Moldes
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Pazo de Rianxiño
Rianxo, Santa Comba de Rianxo