- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Rúa Cabo da Vila
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
A que fora casa-taberna Rañó, situada no Cabo da Vila, a pouca distancia da casa onde nacera Castelao, propiedade naqueles anos de dona Carme Pérez Tarrío, era o centro de reunións dos federais-galeguistas, partido que fundaran, entre outros, os curmáns de Castelao, os Insua, por iniciativa de Daniel. Nese local celebraron, en setembro de 1932, un banquete de homenaxe a Castelao, cando este chegou á vila para dar un mitin a prol do Estatuto de Galicia.
Na casa-taberna residira, até a súa marcha a Arxentina, un dos redactores de El Barbero Municipal, que financiara o pai de Castelao, José Benito Rañó Alcalde, home de Carme Pérez. Un fillo deles, Germán Rañó Alcalde, ao remate da guerra pasou a fronteira polos Pirineos e foi parar a un campo de concentración na costa oeste francesa, onde se encontrou con Rafael Dieste. Unha vez liberados, embarcaron camiño do exilio americano.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.649976, -8.819271
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casas da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa de Xan Quinto
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Escola Rosalía de Castro
Rianxo, San Salvador de Taragoña