- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- O Outeiro
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época para recrealo nas súas páxinas. Asaltaba a tratantes, recadadores, arrieiros e feirantes.
O texto que segue a continuación foi extraído do perfil de Facebook de Rabunho rexeita.
A súa cuadrilla estaba formada polo seu irmán Ramón, Manuel Romero Agrasar "Navallas" e Xosé Morales Rosende. A veces uníase a eles Barreiro da parte de Urdilde, xunto con outros membros de menor relevancia que entre cómplices e enlaces tiñan o entramado necesario para darlle consistencia á banda e burlar á xustiza. “A Pucha” era a amante preferida de Xan Quinto, sendo a muller de confianza que se encargaba de colocar a mercancía en Noia e de facer chegar os anónimos que el facía para sacarlle os cartos aos ricos.
A morte de Xan Quinto é un misterio pois non se coñece nin a data nin onde aconteceu, uns din que en Portugal, onde recibiría unha coitelada nunha loita, outros din que en Cordeiro (Valga) onde sete homes o mallaron a fungueirazos e chegou moribundo a súa casa do Araño, e que foi enterrado pola propia cuadrilla tapado por un muro de pedras.
Este enterramento segredo, ao tratarse dun rebelde fora da lei, inimigo dos cregos, asaltador de reitorais e casas de ricos, aínda que despois os repartise cos pobres de solemnidade, non podía quedar rexistrada a súa morte no libro de defuncións. Seu irmán Ramón morreu de vello na súa casa. “O Navallas” despois de saldar a débeda coa xustiza, debido aos grilletes e as bólas de castigo das celas acabaría eivado e morrendo tamén no Araño .
Din os escritores que polas veigas de Santa Baia do Araño oíase unha cantiga de boca en boca:
Famoso bandoleiro
altivo, xusticeiro
o Xan Quinto do Araño
por facer o menor dano
o que aos ricos roubaba
aos pobres o entregaba.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.692376, -8.797276
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa Baia do Araño
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Restaurante Bar Ela
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Casa dos Insua
Rianxo, Santa Comba de Rianxo