Saltar ao contido principal

Restaurante Bar Ela

Restaurante Bar Ela - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: roteirocastelao.gal
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Rúa do Medio
Concello
Rianxo

Con motivo do primeiro aniversario da fusión da Sociedad del Ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas), esta editou a revista social Rianxo, dirixida polo taragoñés José Otero Otero. Esta publicación naceu animada polo estímulo representativo de Castelao que, a cambio, pintou un gran mural no centro social.

Algúns exemplares desta revista acabaron en Rianxo, chegando un deles a mans de Juan Domínguez Varela, fundador do Restaurante Bar Ela. Isto foi posible grazas aos seus irmáns emigrados que, coñecendo a expectación que xeraba esta publicación, puideron enviar a revista. Había tanta xente interesada nos seus contidos que tiveron que facerse lecturas en voz alta para que chegase a todos a voz dos seus irmáns en América.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.651325, -8.818791

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo