- Outras denominacións
- Casa reitoral de Traba
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Traba
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
A casa reitoral de Traba está situada no extremo sueste do lugar, no interior dunha finca de grandes dimensións, na contorna igrexa parroquial. Trátase dun conxunto formado por varios volumes ao que se accede, desde a estrada, mediante un portón alintelado sobre o muro de peche perimetral. Unha cruz cun cristo crucificado preside a súa entrada. Edificación principal de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e cuberta a catro augas de tella, sobre estrutura de madeira. Composición sinxela das fachadas, con ocos rectangulares con peitorís e tornachuvias de granito. As construcións auxiliares dispostas en torno á vivenda, están resoltas co mesmo sistema construtivo.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-005)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693729, -8.801865
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Escola de Quintáns
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa de Gran Mean Pinal
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casa natal de Castelao
Rianxo, Santa Comba de Rianxo