- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Praza de Manuela
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina situada nun extremo da Praza de Manuela, na Ribeira.
Planta rectangular e dous andares, resolta en cantaría de granito e cuberta a tres augas de tella. Alzados de sinxela composición, compostos por pequenos ocos rectangulares con carpintería de dúas follas de madeira e aluminio. Fachada traseira con escudo e fiestra balconeira lateral sobre un dos accesos e portón alintelado de grandes dimensións nun extremo. Ten outro acceso en planta baixa na fachada ao mar e dúas ventás no segundo andar na fachada lateral.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-052)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.650095, -8.820040
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa da República
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casa do Souto de Castela
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Escola Rosalía de Castro
Rianxo, San Salvador de Taragoña