- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Lugar
- Contrés
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Vivenda situada sobre a marxe norte da estrada principal do Araño, xunto ao centro sociocultural e á escola. Está realizada principalmente con muros de cachotaría de granito, aínda que ten partes de cantaría. Planta rectangular e dous andares, con cuberta a dúas augas de tella. Acceso principal á vivenda dende a estrada, mediante tres portas alinteladas. Existe tamén un acceso lateral no muro de peche da finca, sobre o que destaca un hórreo. Balcón central cuberto retranqueado do plano da fachada principal, con varanda e montantes metálicos, e dous balcóns laterais das mesmas características e menores dimensións.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-003)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.690837, -8.792176
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casas das Miráns
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa Cándido
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura civil
Casa do Concello de Rianxo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo