- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XVII
- Lugar
- Rúa Costiña da Igrexa
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Edificación do casco histórico de Rianxo, que data do século XVII con fronte á rúa Costiña da Igrexa, na contorna da Igrexa de Santa Comba de Rianxo.
Vivenda orixinalmente de dous andares, de planta trapezoidal e muros de cantaría de granito na fachada principal e cachotaría na fachada á finca. Engadido dunha planta superior, de estrutura de formigón e cerramento de ladrillo, actualmente en obras. A fachada principal presenta na planta baixa unha porta en arco de medio punto formado por grandes dovelas e fiestra con arco alintelado nun lateral. Destaca un escudo nobiliario no extremo esquerdo. Fachada posterior con patín sobre pilastra de granito e acceso ao segundo andar mediante unha escaleira.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-049)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.650236, -8.818643
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Pazo dos Calotes
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Escola de Buía
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura civil
Casa de Álvaro Núñez de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna